Martín Seco anima a votar ao PSOE para pór en marcha iniciativas para as persoas e contra as políti
O Partido Socialista de Arteixo remata a súa campaña electoral coa satisfacción do traballo fen feito. O seu cabeza de lista, Martín Seco, anima á veciñanza a votar ao PSOE o próximo domingo frente ás políticas de recortes e abandono que caracterizan ao PP.
O PSOE aspira á Alcaldía de Arteixo para pór en marcha políticas para as persoas, en base a 15 compromisos firmes que desenvolverán nos vindeiros catro anos dende o Concello. Uns compromisos que Martín Seco asinou ante notario e que lle obrigarían, en caso de non telos cumplidos, a non presentarse máis ás eleccións. Non como fixera o actual alcalde, Carlos Calvelo, que de novo volta a ser o cabeza de lista do PP aínda que non aprobou o Plan Xeral tal e como prometera aos veciños de Arteixo.
Os compromisos de Martín Seco son firmes e realizables, pensados para o benestar das persoas e para darlle a volta ao abandono no que viven os barrios de Arteixo dende fai anos. Os socialistas propoñen melloras en tódalas parroquias, dende iniciativas para aumentar a seguridade viaria, como de apoio aos comerciantes, ata instaurar un servizo de transporte interparroquial, cubrir parques infantís, creación de novas infraestruturas e descentralización de servizos. Outras claves do programa de Martín Seco son a aprobación do PXOM, a reducción do índice de pobreza e da tasa de desemprego, rebaixa da presión fiscal e aumentar a participación cidadaná no día a día do Concello.
A piques de rematar a campaña electoral, os socialistas reiteran o seu compromiso coa transparencia e a súa vontade de facer públicos os gastos como partido en época de eleccións. Por iso, instan a Calvelo e ao Partido Popular a facer o mesmo e mostrar públicamente o diñeiro que se inviritu na campaña e de ónde saíron os fondos. Critican o dispendio que caracteriza as campañas do PP con milleiros de carteis de publicidade e grandes anuncios para reiterar promesas que xa fixeran hai catro anos e que abandoaron nun caixón á súa chegada aos despachos do Concello.