top of page

SOBRE MIN

Quen son eu​

 

 

Chámome Martín Seco García e hai 38 anos que nacín en Vilalba (Lugo). Levo residindo en Arteixo dende hai máis de 8 anos. Estou casado e teño dos marabillosos fillos arteixáns.

 

Antes de rematar a carreira universitaria de Enxeñería Técnica en Química Industrial, viñen traballar no ano 1998 como operador de planta no departamento de Trasiegos da refinaría de Repsol Petróleo da Coruña, polo que rematei os meus estudos universitarios mentres exercía a miña profesión. Hoxe día, ademais, tamén son miembro do Comité de Empresa.

 

Fun Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Lugo e tamén estiven na Executiva local do PSdeG-PSOE de Lugo e Vilalba. Alí, na miña localidade natal, fun concelleiro entre os anos 2007 e 2011. Nese mesmo ano, fun elixido concelleiro e voceiro socialista no noso concello de Arteixo e, en xullo de 2012, fun elixido como Secretario Xeral da Agrupación Socialista de Arteixo.

 

 

  • Wix Facebook page
  • Wix Twitter page
bottom of page