top of page

O noso proxecto.

15 Compromisos e Iniciativas

Os Socialistas de Arteixo somos conscientes de que os programas electorais son rexeitados por moitos cidadáns polo alto grao de incumpliento dalgúns políticos, dende a nosa candidatura desexamos mudar a fórmula de programa electoral, establecendo dous conceptos, para evitar que por exemplo, alguén poida prometer a aprobación do Plan Xeral se ten a maioría suficiente para facelo, comprometendo a súa  continuidade como candidato e incumplilo sen poñerse colorado, como fixo o actual candidato do Partido Popular.

 

O primeiro concepto son os COMPROMISOS, que son a base deste documento e incluen as medidas que a nosa candidatura considera de cumplimento inaprazable se temos a maioría suficiente para gobernar en Arteixo, compromisos que foron asinados ante notario co compromiso do candidato de renunciar a alcaldía se non cumple o asinado.

 

O segundo concepto son as INICIATIVAS, que son os proxectos que aspiramos a poder desenrolar en unha ou varias lexislaturas, ademais de medidas que necesitan da colaboración ou desenrolo doutras administracións.

 

Os socialistas comprometémonos contigo asinando este contrato, ¿poden dicir todos o mesmo? O día 24 podes rubricalo co teu voto. 

 

Vota Martín Seco. Vota PSOE.  

 

MAIS ARTEIXO

 

 

Os nosos 15 compromisos

Un concello aberto ao pobo

 

O noso concello obtén só 18 puntos de 142 posibles no índice DYNTRA de transparencia, para corrixilo elaboraremos unha nova Ordenanza de Transparencia Municipal ata obter un índice dos máis altos do noso país, publicando presupostos, proxectos, actas, convenios, actas, retribucións, datos dos representantes públicos, etc... Crearemos tamén unha nova web municipal e aplicacións móbiles para adaptar o concello á realidade social actual, cun Foro Municipal para que a cidadanía opine sobre os proxectos, obras e inversións, un Buzón Municipal, para contactar co concello e obter resposta directa (avisos de avarías, preguntas ao alcalde e concelleiros/as, ...), un Portal de Transparencia onde veña recollida a información e documentación municipal, que incluirá tamén a posibilidade de pedir cita co alcalde e concelleiros/as.

 

Ademais: 

 

A cidadanía poderá participar directamente na asignación dunha porcentaxe do presuposto municipal.

 

 Limitaremos o mandato do noso alcalde a oito anos.

 

Publicaremos a axenda xeral do alcalde.

 

Abriremos o rexistro municipal polas tardes.

 

Poñeremos en marcha unha sede administrativa na zona norte.

 

Realizaremos consultas sobre cuestións importantes.

 

Reformaremos  e revitalizaremos o sistema de Consellos veciñais.

 

Instalaremos taboleiros informativos en tódalas parroquias.

 

Reduciremos significativamente o número de asesores e dedicacións exclusivas, así como as dietas dos concelleiros de goberno. 

 

 Nova radio e boletín Municipais

 

O goberno do PP cesou as emisións de Radio Arteixo e nós recuperarémolas con máis e mellor programación, plural, garantindo o dereito á información e á participación a veciños e grupos políticos e sociais. Tamén volveremos a editar o antigo Boletín Municipal de información ao cidadán.

 

 

 Os Plenos, para os veciños

 

O actual horario dos plenos (9 da mañá) non permite acudir aos veciños que, noutro horario, sí poderían facelo. Ademais, cremos que os cidadáns deberían ter a posibilidade de intervir. Por iso, comprometémonos a celebrar os plenos ordinarios ás 20:00, a habilitar neles a participación veciñal (Concelleiro 22), a retransmitilos pola web (canal YouTube) e pola radio municipal e faremos públicas as ordes do día e actas.

 

 

Redución Índice de Pobreza

 

Asinaremos os compromisos da Rede galega contra a pobreza,, cunha reforma dos criterios do funcionamento dos Servizos Sociais, a creación dun sistema de comedor para a xente en risco de exclusión, a aposta por unha cociña centralizada no novo Centro de Formación, para escolares, maiores da Baiuca, e a domicilio. Poñeremos en marcha unha Oficina Municipal da Vivenda, que traballe contra os desafiuzamentos exercendo a mediación e a adquisición de vivendas públicas municipais. Recuperaremos o Arteixo Solidario no concepto máis amplo da celebración e colaboración coas ONG´s cun 0,2% do presuposto, introduciremos  cláusulas sociais na contratación pública e mecanismos de transparencia na xestión do departamento, informes, audiencia coas persoas usuarias, mellor publicidade dos recursos, diminución da burocracia e facilidade na xestión.

 

Redución do Desemprego

 

Aumentaremos a taxa de ocupación do noso concello, con medidas como a creación da Axencia Local de Emprego, que dinamice o noso tecido económico, cun sistema novo de Orientación Laboral e Asesoramento a empresas e autónomos, unha mellora nos cursos de formación ocupacional, a creación dun viveiro de novas empresas locais, un sistema de apoio a creadores e emprendedores, con beneficios fiscais e obtención de microcréditos, encargo dun estudio da actividade industrial e as posibilidades de desenvolvemento, a aposta polo co-working e as TIC´s, estudio sobre a futura posta en marcha dun Centro Tecnolóxico sobre o Deseño Téxtil, creación dunha nova Bolsa de Emprego e igualdade de oportunidades con sistemas de rotación no emprego local.

 

 

 Baixada de tasas e impostos

 

Arteixo conta cun elevado número de parados e persoas en risco de exclusión social e existen tamén moitos cidadáns con nóminas reducidas que sofren para poder manter ás súas familias. Nun concello con superávit, pódese (e débese) reducir a presión fiscal que soportan os nosos cidadáns, adecuando as taxas e impostos municipais aos seus ingresos. Ademais, é preciso habilitar novas bonificacións e fórmulas para pago fraccionado . 

 

Plan de autonomía persoal e eliminación de barreiras 

 

Co gallo de asegurar a plena inclusión social das persoas con calquera tipo de discapacidade, elaboraremos un Plan de apoio aos discapacitados, que incluirá a promoción de emprego para este colectivo, medidas para a eliminación de barreiras arquitectónicas e o fomento da mobilidade coa posta en marcha dunha liña de axudas neste ámbito. 

Plan de seguridade cidadá e viaria e fomento da mobilidade (PEDIBUS)

 

Negociaremos coa administración central a devolución das competencias dos controis de tráfico, poñeremos en marcha a policía de barrio e abriremos unha comisaría na zona norte do Concello, coa intención de aumentar a seguridade dos veciños e comerciantes. Crearemos novas sendas peonís nas parroquias e iniciaremos un servizo de PEDIBUS escolar (acompañamento a pé dos nenos ao colexio). Desenvolveremos un ambicioso plan para a seguridade do viandante, con especial incidencia nos pasos de peóns e na creación de prazas de aparcamento.

Apoio ao comercio, fomento do turismo

e construción dun espazo multiusos

 

Apoiaremos ao comercio e á hostalaría cun servizo de asesoramento, subvencións, cun sistema de obtención de microcréditos e, por suposto, melloras na iluminación, beirarrúas e mobiliario urbano. Construiremos un espazo multiusos para eventos, feiras, actividades culturais e deportivas, actividades para os máis pequenos, etc... Fomentaremos o turismo con máis e mellores instalacións nas praias, boa planificación urbanística en Barrañán, Valcobo e O Rañal, co fomento do patrimonio e da súa sinalización, con melloras en parques como Monticaño, nos eventos deportivos, nas romaxes, nas zonas verdes, etc. Remataremos o Paseo Fluvial ata O Rañal, creando un sistema de aluguer de bicicletas nel, e planificaremos unha infraestrutura para o desenvolvemento de deportes acuáticos e de area na praia de Alba en Sabón.

 

Oficina de Afectados pola industria e as infraestruturas

e Control medioambiental

 

Ante a industria e as infraestruturas cómpre garantir a calidade de vida dos nosos veciños e conseguir o difícil equilibrio entre industria e benestar. Avanzaremos creando unha Oficina de afectados pola industria e a infraestrutura, onde se asesore, axude e actúe para garantir unha vida saudable da nosa veciñanza. Poñeremos a traballar ao departamento de Medio Ambiente para controlar os verquidos, a actividade industrial, e garantir a calidade da nosa auga, o noso solo e o noso aire.

Dotar de servizos aos barrios e parroquias,

cobertura de parques infantís e ludoteca

 

Os barrios periféricos do núcleo de Arteixo, das parroquias da zona norte e parroquias enteiras da zona sur, carecen dos servizos públicos axeitados: prazas, xardíns, parques, etc... Dende o goberno poñeremos en marcha un plan para investir naqueles lugares menos desenvoltos, cubriremos varios parques infantís e biosaludables e poñeremos en marcha a Ludoteca Municipal como servizo de respiro para os pais e nais. 

 

Descentralización de servizos

 

Coa intención de avanzar no desenvolvemento das parroquias que non son o núcleo de Arteixo e facelos partícipes da administración local comezaremos a levar servizos cara elas, como unha oficina de rexistro municipal para a zona norte, unha nova comisaría de policía, a instalación deportiva para fútbol, rugby e atletismo ou o proxecto dunha segunda piscina municipal. 

 

Apoio aos creadores, celebración das festas, casa da música 

e festival na canteira de Barrañán

 

Os socialistas comprometémonos a poñer en marcha un Festival de Música na canteira de Barrañán para ir converténdoo pouco a pouco en referencia nacional. Tamén cremos que o Concello debe apoiar e impulsar aos creadores con certames, concursos, ciclos, becas e prácticas no exterior. Ademais, o concello debe asumir a organización das festas municipais e construír a Casa da Música con locais de ensaio e gravación.

Aprobación  dun Plan Xeral para todos e con participación social

 

Se contamos coa maioría necesaria, os socialistas de Arteixo comprometémonos a desenvolver un Plan Xeral para todos, sen mans negras e participado polos representantes políticos, sociais e pola cidadanía en xeral.

Creación do Servizo de Transporte Interparroquial e Lavandería

 

O noso compromiso é facilitar a mobilidade dende as parroquias cara os núcleos urbanos, onde os veciños poidan facela compra, ir a farmacia, ao centro de saúde, ao banco, a perruquería ou a calquera tipo de xestión administrativa, polo que implantaremos un servizo para que os veciños se poidan mover tódalas semanas dende as parroquias cara os núcleos urbanos. Tamén aumentaremos o servizo de comida a domicilio con lavandería para maiores que se atopen solos.

As nosas Iniciativas

Novo convenio municipal cos clubs de fútbol para as escolas deportivas, mellores instalacións e transporte e maior apoio as peñas.

 

Rede de centros de día, comezando pola escola de Freán

 

Melloras no parque de Canzobre

 

Potenciación da Escola de Música e apoio a Banda municipal.

 

Creación dun programa de Radares Xuvenís para que os xóvenes participen activamente na vida municipal do concello.

 

Introdución do xadrez e a tecnoloxía nas actividades de educación.

 

Proxecto de co-working municipal no Centro Tecnolóxico.

 

Posta en marcha dun plan de internet rural para chegar todos.

 

Cobertura dos campos de deporte en Uxes e Suevos.

 

Organización de novo das noites alternativas para mozos e mozas.

 

Melloras na Travesía de Arteixo, na mobilidade, seguridade e na iluminación.

 

Peche do sistema de traída de auga limpa e tamén do saneamento. 

 

Recuperación dos vellos camiños veciñais, fontes e lavadoiros.

 

Recuperación de núcleos como Oseiro aldea, Vilarrodís aldea, Ponte, As Eiras...

 

Posta en marcha dun programa de mellora dos sistemas de recollida do lixo nas parroquias, erradicación dos vertedoiros incontrolados e plantas invasoras.

 

Creación de parques para as mascotas.

 

Aparcamento na igrexa de Monteagudo, senda dende Sisalde ata as fervenzas

 

Creación de sendas peonís con bancos e mobiliario urbano en Pastoriza,  acondicionamento  do castro e do santuario.

 

Utilización compartida do local de O Rañal e peche do saneamento.

 

Novo pintado da AC-415, amaño da rúa da Viña e da Fonte do Abade.

 

Instalación do campo de fútbol en Chamín e Centro Social.

 

Continuación das beirarrúas en Loureda, Lañas, Barrañán e Armentón.

 

Saneamento en Larín, ancheamento de pistas e conexión con Loureda.

 

Beirarrúas da Cachada, recollida lixo  e reforma do Local Social.

 

Acondicionamento da Fraga de Suevos, beirarrúas e mellora da mobilidade.

 

Iniciativas dependentes doutras administracións ou entes privados

 

Cesión da Rectoral de Loureda para uso do pobo.

 

Esixencia de melloras no Centro de Saúde de Arteixo e Ambulatorio de Meicende, mellor dotación en material e persoal.

 

Instalación cociña no CEIP Arteixo e reforma do pavillón de Ponte dos Brozos.

 

Troco no mapa de especialidades da formación profesional adaptándoa as necesidades do noso concello.

 

Solicitude dunha oficina do INEM para Arteixo.

 

Continuar coa legalización do núcleo do porto de Suevos e  desenrolo deste.

 

Eliminación da peaxe da autopista A Coruña-Carballo.

 

Construción do vial de conexión de Meicende co acceso ao Porto de Punta Langosteira.

 

Prohibición de vehículos pesados polos viais dos núcleos.

 

Remodelación da Avda Platas Varela.

 

Instalación de beirarrúas e pasos de peóns na Avda Fisterra.

 

Posta en marcha dun novo proxecto de transporte público metropolitano.

 

Protección dos cidadáns de Uxes da rede ferroviaria.

 

Recuperación das vellas vías do tren para uso do pobo.

 

Uso das instalacións deportivas dos institutos e colexios da zona norte fora do horario lectivo.

bottom of page