top of page

Os socialistas esixen á Xunta medidas urxentes para ponerlle freo aos casos de meninxite que se dan

Ante a situación que se está a vivir en Arteixo coa aparición de varios casos de meninxite, os socialistas, en primeiro lugar, solidarízanse cos afectados, e esixen á Xunta medidas de control para minimizar os contaxios así como tratamento para os enfermos.

O candidato á Alcaldía, Martín Seco, demanda ao goberno autonómico que lle poña freo a esta situación e garante a sanidade dos veciños de Arteixo. Nesta liña, o líder socialista esixe ao goberno de

Feijóo que adopte un plan de vacinación que evite contaxios masivos e tranquilice

á xente.

Martín Seco lamenta que dende o Concello non se fixera nada trala aparición de varios casos e que o señor Calvelo non lle demandara unha actuación inmediata aos seus socios de partido na Xunta. Os socialistas lamentan que os enfermos teñan que ir a Portugal a buscar a vacina que o seu goberno é incapaz de darlles.

O voceiro de PSOE insta, polo tanto, á Xunta a tomar a situación que se está a dar en Arteixo con responsabilidade e deixar de lado os recortes na sanidade, que están a provocar resultados nefastos na calidade de vida dos cidadáns.


No hay tags aún.
bottom of page