top of page

O PSOE promete impulsar o sector turístico e comercial con planes de fomento e apoio para o seu crec


Sectores claves para Arteixo como son o turístico e comercial quedaron no abandono nos últimos catro anos. O goberno de Calvelo esqueceuse de impulsar medidas concretas acordes ás necesidades reais. Para darlle a volta a esta situación, o candidato socialista á Alcaldía, Martín Seco, porá en marcha planes de fomento e apoio axeitados para estes dous sectores, ademáis de impulsar a revitalización con medidas concretas en tódalas parroquias.

Nesta liña, o candidato do PSOE, comprmétese a iniciar un servizo de asesoramento, subvencións e un sistema de microcréditos que dea respaldo ás iniciativas do comercio e da hostalaría locais, que inclúe, ademáis, melloras na iluminación, beirrarrúas e mobiliario urbano. Dentro do plan do fomento destes dous sectores, Martín Seco promete a construcción dun espazo multiusos para eventos, feiras, actividades culturais e deportivas, así como actividades para os máis pequenos. Esta é un das premisas claves da súa candidatura e un compromiso adquirido coa veciñanza de Arteixo.

O turismo é outro de sectores estratéxicos para o desenvolvemento do municipio e que Martín Seco ten moi presente no seu programa electoral. O cabeza de lista comprométese a fomentar o turismo con máis e mellores instalacións nas praias, desenrolar unha boa planificación urbanística en Barrañán, Valcobo e O Rañal, co fomento do patrimonio e da súa sinalización. Neste grupo de actuacións tamén inclúe as melloras en parques como o de Monticaño, nos eventos deportivos, nas romaxes e nas zonas verdes.

Martín Seco tamén se lembra do lecer dos arteixáns e proponse rematar o Paseo Fluvial ata O Rañal, creando un sistema de aluguer de biciletas e planificando unha infraestrutura para o desenvolvemento de deportes acuáticos e de área na praia de Alba.

Actuacións en Pastoriza

Martín Seco mantén unha preocupación especial pola falla de atención que sofre a parroquia de Pastoriza, onde os veciños se senten totalmente abandoados e esquecidos polo seu goberno municipal. Unha zona onde carecen de zonas verdes, sendas peonís e parques infantís e que adolece dunha forte despreocupación do alcalde.

Os socialistas recollen as queixas dos veciños, que lamentan que as promesas do Partido Popular para as eleccións do próximo domingo sexan exactamente as mesmas que fai catro anos. O PP volver a prometer a piscina e o campo de fútbol, dous cuestións nas que non fiexeron nada nos catro últimos anos que estiveron no goberno de Arteixo.

Nas iniciativas que propón Martín Seco recóllense medidas para darlle a volta a esa situación e para devolverlle á Pastoriza o protagonismo que merece dentro do concello arteixán. Os socialistas comprométense a mellorar o parque de Monticaño, e a creación de sendas peonís con bancos e mobiliario urbano nesta parroquia, así como o o acondicionamento do castro e do santuario.

Martín Seco tamén promete aos veciños pór remedio a falla de seguridade viaria que hai nesta parroquia e dar solucións e alternativas á ausencia de transporte urbano e de conexión con A Coruña. O socialista comparte as críticas dos residentes nas parroquias de Pastoriza, Oseiro e Vilarrodís, sobre a chegada da liña 6 do bus de A Coruña hasta Meicende e a falla de servizo que se lle da ao resto de parroquias cercanas.


No hay etiquetas aún.
bottom of page