top of page

O PSOE comprométese a cubrir varios parques infantís e biosaludables e a crear unha ludoteca municip


As parroquias son as grandes esquecidas durante o mandato de Calvelo. Neste últimos catro anos, as zonas máis afastadas do centro urbano están desatendidas e carecen dos servizos necesarios que o PSOE está comprometido a pór en marcha.

Neste sentido, o candidato á Alcaldía, Martín Seco, dotará de servizos públicos como prazas, xardíns ou parques a estas zonas do concello, todo iso dentro dun plan integral que consistirá en realizar investimentos naqueles lugares onde máis se necesite.

Algunhas das medidas dos socialistas pasan por acometer a cuberta dalgúns dos parques infantís do municipio, de tal maneira que se poidan usar durante todo o ano, independentemente de se chove ou non. Unha proposta que se estenderá aos parques biosaludables.

As parroquias, así como o centro de Arteixo, tamén necesitan espazos onde as familias teñan a oportunidade de conciliar, polo que outro dos compromisos de Martín Seco é a creación dunha ludoteca municipal, onde os máis pequenos teñan un lugar de lecer permanente e aos pais sírvalles como respiro e unha boa ocasión para aproveitar e facer outras labores mentres os nenos entretéñense en mans de persoal cualificado.

No caso concreto de Vilarrodís, Martín Seco propón como unha das pricipais medidas que se levarán a cabo, a mellora da seguridade viaria na avenida Platas Varela e a súa reorganización para uso comercial e hosteleiro. O cabeza de lista do PSOE arteixán porá especial atención na ceación de plazas de párking na zona, así como de espazos verdes y parques infantís, e aposta por pór en valor o entorno do río.

Medidas concretas para revitalizar a vida en tódalas parroquias despois de que estiveran abandoadas durante os últimos catro anos do goberno municipal de Calvelo.


No hay tags aún.
bottom of page