top of page

Martín Seco revalorizará os barrios da periferia do núcleo de Arteixo ante o abandono dos mesmos por


O PSOE de Arteixo adquire un compromiso cos veciños dos barrios periféricos do núcleo de Arteixo mediante o cal porá en marcha unha serie de actuacións para revalorizar estas zonas, que se atopan absolutamente abandonadas polo goberno do PP dirixido polo señor Calvelo.

O candidato socialista á alcaldía, Martín Seco, advirte desa falta de investimento no barrio que vai dende a parte da avenida de Finisterre cara a Baer, Candame, Alto de Arteixo, Travesía de Arteixo, Baiuca ou Figueroa, onde calquera que pase por alí verá que non se fixo nada no últimos catro anos.

Martín Seco asegura que non se investiu nin un só euro en mellorar aspectos tan importantes para o día a día e a calidade de vida dos veciños como a mobilidade nestas zonas, á vez que denuncia que o goberno local non se preocupou, entre outras cousas, nin dos parques infantís, nin das zonas verdes e de lecer nin do mobiliario urbano.

Por todo iso, o PSOE non dubidará en pór en marcha os mecanismos necesarios para reverter esta situación e dotar a estes barrios dunha infraestrutura acorde ao que merecen, xa que todos, sen excepción, son veciños de Arteixo.


No hay tags aún.
bottom of page