top of page

Martín Seco aposta por implantar un servizo de trasporte interparroquial e mellorar a axuda á domici


O grupo municipal do PSOE de Arteixo reuniuse estes días coa asociación de pensionistas e xubilados do municipio, donde puideron intercambiar impresións sobre as necesidades e demandas deste colectivo.

Neste encontro, o portavoz socialista, Martín Seco, amosou o seu compromiso de levar a cabo políticas activas para os maiores do concello de Arteixo, implementando actividades en tódalas parroquias, e ir desenrolando, paulatinamente, unha rede de centros de día, incluído o prometido na Unidade de Actuación 49, que o PP paralizou en Freán e que o PSOE asegura que porá en marcha.

En contra da aposta do PP polos centros privados, incluindo na súa lista como número tres á xerente do único centro de día de xestión privada do concello (en Vilarrodís), Martín Seco amósase convencido de que a asistencia pública é a máis axeitada tanto na atención como no aspecto económico.

Así mesmo, o candidato á Alcaldía sinalau a súa preocupación por garantir a capacidade adquisitiva dos pensionistas e para isto propón medidas como eliminar o copago e implantar un servizo sanitario eficiente e ben dotado de medios e persoal.

Para Martín Seco é imprescindible a creación do servizo de transporte interparroquial para que os cidadáns de tódolos núcleos de Arteixo, sobre todo os máis maiores, poidan desprazarse, polo menos, unha vez á semana ao centro para ir ao médico, á farmacia ou a facer as súas compras ou outros servizos.

Outro dos compromisos que lles transmitiu o candidato socialista foi a mellora do transporte adaptado, e do servizo de axuda á domicilio, así como a construcción de sendas peonís e parques, dotados con infraestruturas para os maiores de Arteixo.


No hay etiquetas aún.
bottom of page