Martín Seco acusa a Calvelo de utilizar a apertura da piscina con fines electoralistas sen ter remat
"O grupo municipal socialista advierte de que no futuro poden aparecer máis problemas e alerta da falla de seguridade "
O grupo municipal socialista de Arteixo lamenta que os veciños do municipio estean a pagar as consecuencias das decisións erróneas do Concello. O voceiro, Martín Seco, denuncia que a piscina municipal abriu sen ter rematadas as obras e os poblemas apareceron no primeiro día. Os socialistas achacan ao alcalde, Carlos Calvelo, o uso electoralista dunha infraestrutura moi esperada e necesaria para Arteixo.
Para Martín Seco son moitas as deficiencias que presenta a piscina e denuncia que o Concello sometera á concesionaria a obrar con presa polas eleccións municipais. O candidato á Alcaldía sinala que, precisamente por estes motivos electoralistas, se tivo a piscina parada durante tres meses, aos traballadores baixo as condicións laborais dun ERE e aos usuarios sen servizo. Martín Seco tamén apunta que, presuntamente, se fixo traballar aos obreiros sen as condicións de seguridade axeitadas, e que se fixo a obra correndo e sen garantir a calidade, polo que na apertura xa rompeu o solo do SPA.
Na mesma liña, o socialista critica que o Concello quixese inaugurar a piscina e facer a foto sen ter rematados os accesos e sen que as duchas deran a cantidade de auga necesaria ou algúns servizos como a sauna húmeda estiveran pechados.
Por todo, Martín Seco alerta de que no futuro poden aparecer máis problemas como o do SPA por as presas de abrir e facer as visitas guidas polas instalacións.