top of page

Os socialistas esixen mellor organización para que os veciños de Rañobre non queden sin bus polas ob


O grupo municipal socialista de Arteixo lamenta a cancelación do servizo do autobús de liña pola zona de Rañobre a consecuencia das obras que se están a realizar en Suevos para o acceso ao Porto Exterior. O voceiro socialista, Martín Seco, que estivo esta semana visitando a zona e coñecendo as demandas dos residentes, critica que os veciños quedaran sen este servizo público que, para moitos deles, é unha das principais vías de transporte.

Nesta líña, Martín Seco esixe unha mellor organización á administración para que non sexan os veciños os que sufran as consecuencias dunhas obras que lles afectan no seu día a día.

Así memo, o portavoz e candidato á Alcaldía, chama a atención sobre a falla do control das voladuras que se están a acometer no Porto Exterior e dí que o malestar que provoca nos veciños da zona é moi grande.

Na súa visita a Rañobre, Martín Seco lembrou o seu compromiso de crear unha oficina de atención aos afectados pola industria e as grandes infraestruturas, que facilite aos veciños a información e asesoramento que precisen para defenderse das agresións que sufren pola proximidade das súas vivendas.

Os socialistas continúan estes días coñecendo á realidade de tódalas núcleos arteixáns, escoitando aos veciños e atendendo as súas demandas. Así mesmo, manteñen aberto o canle do seu Programa Aberto e chaman a cidadanía a participar nesta campaña, que pretende incorporar as propostas dos veciños de Arteixo no programa electoral socialista.

A través dos perfís do candidato Martín Seco no Facebook e Twitter, e mesmo no correo electrónico participa@martinseco.com ou na web www.martinseco.com, os cidadáns poden facer chegar as súas suxerencias. A campaña “Deixanos ver polos teus ollos” seguirá aberta todo o mes de abril


No hay etiquetas aún.
bottom of page