top of page

Os socialistas comprométense a facer públicas as contas do partido nun proceso electoral marcado pol

Cando apenas restan 40 días para as eleccións municipais, o PSOE de Arteixo fai un chamamento aos seus militantes e simpatizantes co fin de solicitarlles a súa axuda de cara a desenvolver a campaña electoral.

Neste sentido, os socialistas piden aos seus unha axuda económica desinteresada co fin de, durante estes días, poder chegar a tódolos cidadáns.

O PSOE comprométese a levar a cabo unha campaña austera, cun exhaustivo control do gasto. Actualmente, os fondos proceden do diñeiro aforrado polas achegas persoais dos concelleiros da corporación, así como de fondos recadados polas cotas da militancia.

Así mesmo, os socialistas de Arteixo comprométense a facer públicas as contas da campaña e a que esta estea marcada por unha xestión austera e transparente no que se refire a todos os gastos que teñan lugar no marco da mesma.

Unha iniciativa que o PSOE convida o resto de partidos a pór en práctica, especialmente ao PP, para que teñan o valor de facer públicas as súas contas e gastos e non comprar con suntuosos actos e grandes comilonas a aqueles cidadáns que participan nelas, algo que o PSOE nunca fará.

Por todo iso, o PSOE facilita o seguinte número de teléfono da responsable de administración, Ermitas Beceiro para que aqueles que así o consideren poidan realizar a súa doazón económica: 649027767


No hay etiquetas aún.
bottom of page