top of page

Martín Seco comprométese a levar a cabo un proxecto de internet rural para os veciños de Loureda


O grupo municipal socialista de Arteixo visitou o pasado mércores a parroquia de Loureda, onde tivo a oportunidade de coñecer en profundidade as necesidades e deficiencias que presenta o barrio.

O candidato socialista, Martín Seco, levou aos veciños o seu compromiso de poñer en marcha un proxecto de internet rural de banda ancha para dar solución ao déficit de cobertura que teñen moitas zonas desta parroquia. Segundo sinalou o portavoz, ningún cidadán pode ter problemas de acceso a unha ferramenta esencial no día de hoxe.

No eido das infraestruturas, o candidato socialista tamén se comprometeu ao mantemento dos camiños existentes na parroquia e a vixianza para que aqueles que os utilizan para o corte de madeira os deixen na misma situación na que os atoparon. Así mesmo, Martín Seco aposta pola recuperación dos lavadoiros en diversas partes da parroquia.

Dende o grupo municipal socialista non esquecen o compromiso coa accesibilidade o ocio sostible na parroquia e sinalan a intención de crear novas sendas peonís e mesmo un plan de serguridade viaria nesta zona. Así mesmo, o voceiro municipal socialista aposta pola consecución da cesión da Casa Rectoral de Loureda para a adaptación como local público e a construcción dun parque infantil no entorno.

Por úlitmo, Martín Seco presentou aos veciños a súa intención de adaptar ou duplicar os colexios electorais na contorna para que todas as zonas da parroquia teñan un mellor acceso á votación nas próximas eleccións municipais.


No hay tags aún.
bottom of page