Martín Seco denuncia o repunte de venda e consumo de droga na zona das Eiras, en Meicende
O grupo municipal do PSOE de Arteixo denuncia a situación de inseguridade que están a vivir os veciños da zona das Eiras, no núcleo arteixán de Meicende. O voceiro socialista, Martín Seco, denuncia que nos úlitimos tempos estase producindo un repunte na venta de droga nesta contorna.
O candidato á Alcaldía alerta de que están a aparecer kits antisida, jeringuillas e mesmo papel de prata no chan, o que denota que hai moitos consumidores de heroína que acuden á zona para mercala e consumila no entorno.
Neste sentido, Martín Seco presentará no pleno de mañá un rogo ó goberno local para que intensifique o control policial nesta zona y que esixan das forzas de seguridade do estado maior atención á esta problemática. Na mesma liña, o voceiro demanda ao concello que poña maior esforzo para poñerlle feno á esta situación.
Esta é segunda denuncia que o grupo socialista lanza neste sentido. A semana pasada, xa alertou da existencia dun posible punto de venda de droga no entorno do Moucho, en Sorrizo. Dada esta situación, Martín Seco urxe ao goberno local a atopar unha situación no concello de Arteixo referente á venda de droga.