Asina pola eliminación da peaxe da AG-55
O PSdeG-PSOE está a levar a cabo unha campaña de recollida de sinaturas para apoiar unha iniciativa no Parlamento de Galicia que lle solicite ao goberno do señor Feijoo na Xunta de Galicia, a
retirada da peaxe de Pastoriza na AG-55 (A Coruña - Carballo), imprescindible para o desenrolo económico e social da comarca de A Coruña e Bergantiños.
Gustaríanos contar coa túa sinatura e que dita solicitude se escoite claramente no Parlamento Galego, podes atopar as follas da recollida de sinaturas na rúa, nas redes e nalgúns establecementos de hostalaría e comercio do noso concello