top of page

Martín Seco critica que as obras e a explotación da piscina fixéranse ás costas dos usuarios e dos c


O PSOE de Arteixo, reunido esta semana con representantes do Club de Salvamento da localidade (SALVAR), constatou o que xa parecía unha realidade desde fora, é dicir, que as obras de ampliación da piscina municipal e o contrato de explotación da mesma realizouse desde o goberno local ás costas e sen contar en absoluto cos usuarios nin cos clubes deportivos.

Durante o encontro, o candidato á alcaldía e portavoz socialista, Martín Seco, corroborou da man do Clube de Salvamento que estes traballos que o PP apura para inaugurar antes das eleccións municipais non cumpren as expectativas dos devanditos colectivos, xa que, entre outras cousas, aumentouse só tres rúas de natación (de seis a nove) para unha previsión de crecemento de usuarios de 1.500 a 3.000.

Isto o que supón é que hipoteca a necesidade técnica de construír unha piscina na zona norte do municipio, pola que desde hai tempo avogaba o grupo socialista e que dende hai uns meses o PP tamén semella gustarlle a idea.

O PSOE demandou, tras escoitar a opinión dos veciños, a reforma da antiga piscina, así como o aumento de superficie e máquinas do ximnasio e as instalacións de seco, ademais das bancadas, debido precisamente a ese aumento de usuarios, para así poder acometer a construción dun novo vaso en Meicende.

Pero agora invalídase técnicamente a necesidade desa piscina na zona norte ao sobrepasar os metros cadrados de lámina de auga para os habitantes de Arteixo.

Martín Seco considera que a actuación do PP foi pensada máis para as empresas concesionarias que para os usuarios e clubes deportivos de Arteixo, o que provocou malestar en entidades como SALVAR, que teñen moitas posibilidades de multiplicar o número de usuarios pero están limitados polas instalacións existentes.

Así, o PSOE aposta por implantar unha gran infraestrutura deportiva de deportes acuáticos e de praia, que estaría situado na praia de Alba, en Sabón. É dicir, un gran centro deportivo que dea cabida ás actividades acuáticas, de salvamento e de deportes de area.


No hay etiquetas aún.
bottom of page