top of page

Martín Seco tilda de electoralista e oportunista o modificativo de crédito de catro millóns que pro

O grupo municipal socialista de Arteixo denuncia que o alcalde, Carlos Calvelo, utiliza a proximidade das eleccións municipais para lembrar o que non fixo nestes catro últimos anos. O goberno local propón agora, cando faltan pouco máis de dous meses para os comicios, investir catro millóns de euros en obras e infraestruturas que os veciños veñen demandado desde o inicio do mandato.

O portavoz socialista, Martín Seco, denuncia o oportunismo destas propostas e tilda de electoralista ao goberno do PP, xa que tivo durante todo o mandato esquecidos a barrios e determinados colectivos do municipio.

Neste sentido, o candidato do PSOE, critica que Calvelo trate de xustificar a súa falla de compromiso con barrios como o Alto de Arteixo, sen inversión en todo o mandato, ou prometendo, de novo, as beirarrúas na Cachada. Así mesmo, o PP promete agora a rehabilitación da urbanización Sol y Mar, abandonada polo goberno actual, e volverá a gastar 120.000 euros en centros de ensino e 60.000 en sanitarios mentres a Xunta segue a mirar para outro lado.

O grupo socialista sinala que, aínda que algunhas das infraestruturas plantexadas no municipio son necesarias, rechaza que o alclade quera facer un mitin electoral no pleno, prometendo agora un modificativo de crédito que non deixan de ser proxectos. Ademáis, subliña que ningún destes fondos se adiquen a servizos sociais nin ao emprego.

Martín Seco reprocha ao goberno local a mala planificación orzamentaria, xa que, pouco máis de dos meses despois de aprobar os presupostos, agora plantexan un modificativo de crédito para estas obras.


No hay tags aún.
bottom of page