Martín Seco propón a creación dunha cúpula no campo da festa para a celebración de actividades no in
O grupo municipal do PSOE de Arteixo mantivo unha reunión coa directiva do Centro Comercial Aberto de cara a tratar os temas de interese para o colectivo de comerciantes. Neste encontro, falouse da necesidade de rematar o entramado urbanístico do núcleo de Arteixo para comunicar as zonas comerciais do centro coa zona da Travesía, próxima a Candame. Para isto, os socialistas insisten na necesidade de sacar adiante o paralizado Plan Xeral, do mesmo xeito que adaptar as beirarrúas, e mellorar a iluminación e o resto de servizos básicos para facilitar o paseo e as compras dos veciños.
O candidato á Alcaldía, Martín Seco, propón diversas melloras na dinamización comercial de Arteixo, como a creación dunha cuberta no campo da festa, onde poder celebrar concertos, feiras, instalacións de animación para os nenos, festas de maiores, de fin de ano ou carnaval, entre outras propostas.
Ademais, de cara a mellorar a vida dos arteixáns, Martín Seco, aposta por cubrir os parques infantís para que os nenos poidan disfrutalos máis días, tendo en conta que os meses de choiva son moitos.
O voceiro socialista demanda ao Concello de Arteixo que se implique na celebración das festas do mes de xullo, tomando a dirección da comisión organizadora, programando as actividades por todas as prazas do casco do municipio, e propón que a festa se leve un día polas parroquias a conta do Concello
As apostas dos socialistas pasan tamén por cubrir a necesidade de desenvolver unha política real de turismo, aproveitando as capacidades que ten o concello como as praias, paraxes naturais, patrimonio románico e mesmo a industria, para dinamizar o comercio e a hostalería do concello.
Coa directiva do Centro Comercial Arteixo falaron da urxencia de que o Concello se implique no desenrolo comercial de Arteixo, xa que, como din Martín Seco, a día de hoxe non existe unha lista de establecementos comerciais abertos e iso indica a nula preocupación municipal polo sector.
Nesta liña, o candidato socialista propón que o departamento de Emprego e Turismo poña en funcionamento un sistema de asesoramento axeitado para os emprendedores que queren establecer o seu novo comercio en Arteixo. Así mesmo, entende que a OMIC debe dotarse de contido, facendo cursos entre os xóvenes o os maiores sobre o consumo responsable e comercio de proximidade.
Martín Seco entende como prioridade conseguir que algún establecemento “locomotora”, como podería ser un Outlet, se instale no concello de Arteixo para atraer o comercio ata o municipio.