top of page

“Despois de catro anos de goberno en maioría absoluta e recibindo en herdanza unha millonaria invers

Os representantes da Asociación de Veciños de Larín reunidos co candidato do PSdeG-PSOE de Arteixo, Martín Seco, para falar dos problemas e necesidades desta parroquia, puxeron de manifesto a súa sensación de desprezo e abandono por parte dos dirixentes do noso concello, nunha parroquia onde seguen esperando por servizos básicos como o saneamento, despois de catro anos de goberno do PP en maioría absoluta e despois de que recibiran en herdanza unha inversión millonaria do anterior goberno que realizara o groso da obra de saneamento en dita parroquia.


A falla na planificación e control nas obras, feitas sen respectar a actividade diaria dos veciños e o estreitamento das pistas desta parroquia que converten a circulación viaria nun perigo constante, fai necesario que se poña en marcha unha reforma destes viais para permitir unha circulación fluída do tráfico e que esta sexa segura para viandantes e condutores.


Dende o Partido Socialista consideramos esenciais que se desenrolen as sendas peonís necesarias para os veciños desta parroquia, entre lugares como Coque e o Igrexario, no Areal ou de Anide ao Campo de Golf, ademais de acondicionar viais como o que conecta Anide con Loureda ou o que conecta Larín co Foxo, para desconxestionar outros utilizados actualmente.

“O Partido Socialista en Arteixo considera prioritario, poñer en funcionamento un sistema de transporte interparroquial que faga posible a conexión entre parroquias como Larín e o núcleo de Arteixo, para que a veciñanza, completamente incomunicada actualmente, poida cumprir coas súas obrigas persoais e facer as súas compras semanais” .

Outras cuestións, como a mellora da iluminación, a instalación de paneis informativos en tódolos barrios, a posta en funcionamento dun material común entre parroquias para desenrolar actividades lúdicas e festivas foron temas tratados na reunión de onte.


Dende a Asociación de Veciños tratouse a posibilidade cubrir o campo da festa, para poder realizar as súas actividades ao cuberto, infraestrutura a estudar e valorar por parte do Partido Socialista no caso de chegar ao goberno municipal.


No hay etiquetas aún.
bottom of page