top of page

“Ante a opacidade do goberno do Partido Popular de Calvelo, o PSdeG-PSOE aposta pola transparencia e

O Grupo Municipal Socialista solicitoulle en varias ocasións ao Grupo de Goberno do PP, que publicara o documento de Presupostos para 2015 na páxina web do concello, para que calquera cidadán do noso concello puidera ver onde se invisten os seus cartos e poidan avaliar a posibilidade de facer alegacións a este documento se fose o oportuno.

Dende o PSdeG-PSOE xa anunciamos en multitude de ocasións, que se o goberno local non publicaba na páxina web de todos, o contido do documento de presupostos para o 2015, actualmente en trámite de exposición pública, seríamos nós os que o publicaríamos na nosa web.

Mentres o Goberno de Calvelo pecha unha das lexislaturas máis opacas e cun retroceso evidente da Participación Cidadá, dende o Partido Socialista en Arteixo, a transparencia na xestión pública e a participación cidadá, son os eixes básicos e un dos compromisos máis importantes coa nosa cidadanía cara o mes de Maio, e debemos de ser extremadamente coidadosos en levar a cabo as accións que acompañen a esa declaración de intencións.

Hoxe publicamos o presuposto de 2015, como comezo de algo que nos comprometemos a facer dende a web do concello, se no mes de Maio temos a posibilidade de gobernar para os veciños de Arteixo, publicar e informar de absolutamente todo o que sucede no noso concello.

transpa2.jpg

Neste enlace podes velos presupostos:


No hay etiquetas aún.
bottom of page