top of page

Martín Seco García: “Quero ser alcalde, para que Arteixo sexa un referente en materia de emprego, co

Hoxe ás 13:15 horas o auditorio do Centro Tecnolóxico de Arteixo ateigado de veciños foi o escenario da presentación da candidatura de Martín Seco García ás primarias do PSdeG-PSOE desta localidade á Alcaldía de Arteixo.


Presentou o acto Ana Cedeira, voceira da Agrupación local e antiga voceira do colectivo de afectados por preferentes e subordinadas de A Coruña, para presentar ao candidato e mostrar o seu compromiso co proxecto que encarna Martín Seco, despois fixo a presentación do candidato, o avogado Pablo Arangüena que fixo o percorrido polo perfil de Martín Seco, ensalzando a imaxe do candidato e a capacidade de traballo deste. Despois tivo lugar a presentación dun vídeo con fotos e noticias dos xornais destes derradeiros catro anos.


Martín Seco comezou o seu discurso agradecendo aos compañeiros, veciños e a súa familia o apoio para encabezar dita candidatura, e desgranou os tres eixes da súa campaña, A participación cidadá e transparencia na xestión pública, comprometéndose a innovar nesta materia para chegar aos máis altos graos de participación e transparencia o Desenvolvemento Sostible e nel a importancia da xeración de emprego, o desenrolo dunha nova política turística e o apoio ao comercio e a hostalaría, así como a cultura e os creadores, e por derradeiro eixe, a Política para as persoas, prometendo as maiores cotas de protección social para os cidadáns de Arteixo, unha mellora nos servizos que o concello ofrece as familias, nenos, xoves e maiores e a descentralización dos servizos cara outras parroquias que non son o núcleo de Arteixo. O discurso rematou facendo referencia a figura do seu pai, voceiro en Vilalba durante 16 anos, home de fondas conviccións políticas e cun forte sentimento de servizo público cara os cidadáns.

pre1.jpg


No hay tags aún.
bottom of page