top of page

Martín Seco porá en marcha un portal de transparencia para abrir o Concello aos veciños e fomentar a


O candidato socialista á Alcaldía, Martín Seco, aposta por implantar en Arteixo unha transparencia real e efectiva. Para isto, os socialistas elaborarán unha nova Ordenanza de Transparencia Municipal de cara á publicación dos presupostos, proxectos, actas, convenios, retribucións, ou datos dos representantes públicos, entre outras cuestións. A transparencia é unha das principais preocupacións dos cidadáns, que así o manifestan nos encontros que o candidato está a desenvolver nas distintas parroquias durante a campaña electoral.

Nesta liña, Martín Seco propón a creación dunha nova web municipal, así como aplicacións móbiles para adaptar o concello de Arteixo á realidade social actual, cun Foro Municipal para que a cidadanía poida opinar sobre os proxectos, obras e inversións municipais, así como un Buzón Municipal, que sexa un canal directo de comunicación con concello e obter así respostas directas sobre avisos de avarías, preguntas ao alcalde e concelleiros…

Outra das medidas deste plan é a creación dun Portal de Transparencia onde veña recollida a información e documentación municipal, que incluirá tamén a posibilidade de pedir cita co alcalde e os concelleiros. Martín Seco fai fincapé na importancia que a participación cidadá ten para que o concello sexa aberto e transparente. Por isto, os veciños de Arteixo poderán participar directamente na asignación dunha porcentaxe do presuposto municipal.

Tamén na liña da transparencia van outras medidas que o candidato socialista porá en marcha no próximo mandato, comezando coa limitación do exercicio de alcalde a oito anos. Ademais, publicarase a axenda xeral do alcalde, abrirá o rexistro municipal polas tardes, vaise poñer en marcha unha sede administrativa na zona norte, realizaranse consultas sobre cuestións importantes, e se buscará a reforma e revitalización do sistema de Consellos Veciñais. As propostas dos socialistas inclúen tamén a instalación de taboleiros informativos en tódalas parroquias e a redución significativa do número de asesores e dedicacións exclusivas, así como as dietas dos concelleiros de goberno


No hay tags aún.
bottom of page