top of page

O PSOE garantiza a pluralidade e a participación de todos en Radio Arteixo e nos plenos

O PSOE traballará en todos os ámbitos a favor do servizo público e da participación cidadá. Isto inclúe, de modo prioritario, que tanto a emisora de radio municipal como o órgano colexiado no que se deciden as cuestións máis importantes do concello, os plenos, sexan de todos e conten con todos.

O candidato socialista á Alcaldía, Martín Seco, comprométese cos veciños, e así o asinou ante notario, a reabrir Radio Arteixo cunha programación plural, onde todos os grupos políticos teñan cabida de maneira habitual, e cunha máis que destacada participación dos cidadáns arteixáns.

Deste xeito garantirase o dereito á información e o de formar parte do día a día de Arteixo a todos os veciños, xa sexa de forma particular ou ben a través de ditos grupos políticos, entidades sociais ou clubes de todo tipo.

Ao mesmo tempo, Martín Seco promoverá a edición do antigo Boletín Municipal de Información ao cidadán para que todos estean ao día do que se fai no Concello, nun claro exercicio de transparencia.

Por outra banda, o PSOE recuperará os plenos para os veciños, xa que o horario imposto polo PP, ás 09.00 da mañá, non permite que os veciños asistan. Así, Martín Seco asegura que a súa celebración pasará a ser ás 20.00, introducindo ademais novidades como a participación veciñal a través da figura do concelleiro 22.

Os socialistas retransmitirán cada un dos plenos por Radio Arteixo e a través da web do Concello, nunha canle de Youtube. A orde do día de cada sesión será igualmente público porque cada paso do goberno municipal así debe selo.


No hay tags aún.
bottom of page