top of page

Martín Seco promete a descentralización dos servizos públicos na parroquias e a creación de sedes ad


Martín Seco, candidato do PSOE a Alcaldía de Arteixo, promete levar a cabo un plan de descentralizacion dos servicios públicos municipais, coa intencion de avanzar no desenvolvemento das parroquias que non son o nucleo de Arteixo, e facelas partícipes da administración local. Nesta liña, os socialistas comezarán a levar servicios cara elas, como unha oficina de rexistro municipal na zona norte, así como unha nova comisaría de policía.

Así mesmo o cabeza de lista do PSOE aposta pola construcción dunha instalación deportiva en Pastoriza, que permita a práctica de fútbol, rugby e atletismo, e unha segunda piscina municipal.

Martín Seco lamenta que estas cuestións sexan agora aproveitadas polo Partido Popular, que tivo catro anos para desenvolver algunha destas infraestruturas e, obviando as propostas dos socialistas, non fixo nada. É agora cando Calvelo se lembra da piscina de Pastoriza e Meicende e a publicita nos seus carteis electorais.

Esta foi a aposta dos socialistas trala chegada dos populares ao goberno local, que preferiron modificar o proxecto existente, duplicar a capacidade da piscina do núcleo urbano e non levar a cabo a obra necesaria na zona norte. Agora, sen proxecto, nin terreos, nin presuposto e cando fan seu o plan para esta dotación.

O candidato socialista tamén censura que o Partido Popular quera sacarlle rédito electoral á promesa do proxecto no paseo fluvial, cando aínda non hai máis que fume, e que publicite nos carteis da campaña unha inversión que vai facer unha coñecida empresa privada no municipio.

Martín Seco considera que xa está ben de anunciar piscinas e que haxa xente en Arteixo que non ten saneamento nas súas vivendas, que moitos dos veciños estean no paro e que Concello non teña uns servizos sociais decentes.


No hay tags aún.
bottom of page