top of page

Martín Seco comprométese a levar a cabo un plan para a eliminación de barreiras arquitectónicas


O candidato socialista á Alcaldía, Martín Seco, promete poñer en marcha no Concello de Arteixo un plan de accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas, de cara á facilitar a mobilidade das persoas minusválidas ou en cadeira de rodas. O cabeza de lista puido comprobar en primeira persoa cales son as dificultades que se atopan no día a día as persoas con mobilidade reducida no concello de Arteixo. Martín Seco realizou esta mesma mañá un percorrido de máis dunha hora polas rúas urbanas nunha cadeira de rodas, no que estivo acompañado dos membros da súa candidatura.

“Necesitábamos observar de primeira man o que ten que sufrir unha persoa con discapacidade para facer as cousas básicas do día a día: ir ao supermercado, á tenda, á Correos ou ao banco. Vai na liña do noso compromiso de dotar ao Concello dun plan de eliminación de barreiras arquitectónicas e programas adaptados para os discapacitados, e a verdade é que foi unha experiencia moi agradable. Pasear polo concello, ver onde están os problemas coas barreiras, e tomar nota para poder levalo a cabo dende o goberno”, subliñou o candidatos socialista.

Durante o percorrido, Martín Seco comprobou que o principal problema está nos pasos de peóns e nas finalizacións dos cruces da rúa xa que existen limitacións en canto que o pavimento está distanciado en varios centímetros do chan e para alguén que vai en cadeira de rodas é moi complicado.

“Simplemente con aplicar un plan de eliminación de barreiras arquitectónicas, e comprometer parte do presuposto anual á eliminación deste tipo de cuestións, creo que sería efectivo. Evidentemente, ano tras ano se iría complementando e ao final teríamos as nosas rúas cuns percorridos básicos cheos de facilidades” puxo de manifesto.

Ademáis da eliminación das barreiras arquitectónicas, o PSOE de Arteixo levará a cabo un plan de autonomía persoal para os discapacitados do municipio. Nesta liña, Martín Seco porá en marcha un programa de apoio ao emprego para este colectivo, e desenvolverá actividades axeitadas ás súas necesidades e para mellorar a conciliación. O obxectivo destas medidas é asegurar a plena inclusión social das persoas con calquera tipo de discapacidade.


No hay tags aún.
bottom of page