top of page

Martín Seco creará unha oficina de afectados pola industria e as infraestruturas

O partido socialista de Arteixo leva nos seus principais compromisos electorais a procura dun equilibrio entre as necesidades da industria e a garantía de calidade de vida para os veciños do municipio.

Nesta liña, o candidato socialista, Martín Seco, coprométese a crear unha oficina de afectados pola industria e a infraestrutura, onde se asesore, axude e actúe para garantir unha vida saludable á veciñanza.

Nun municipio como o de Arteixo, cun dos polígonos industriais más importantes da comarca e que alberga o Porto Exterior de A Coruña, garantir a vida dos arteixáns en boas condicións é unha das preocupacións básicas dos socialistas.

Así mesmo, o cabeza de lista adianta que porán a traballar o departamento de Medio Ambiente para controlar os verquidos, a actividade industrial e garantir a calidade da auga, do solo e do aire.

Os socialistas levan tempo reclamando maiores medidas de control medioambiental para que a actividade en punta Langosteira non interfira no benestar dos veciños de Sabón e no seu día a día. O candidato lamenta que ata o de agora as descargas do clinker e outros graneis no porto se fixeran sen control e sen os mecanismos para garantir que non se disperse por todo o territorio arteixán


No hay tags aún.
bottom of page