top of page

Martín Seco quere implantar o servizo de pedibús como garantía de seguridade para o desprazamento do


O PSOE de Arteixo continúa dando a coñecer o seu programa electoral e con el os compromisos adquiridos coa cidadanía. Uns proxectos que seguen apostando polo social e polo benestar dos cidadáns.

Unha desas iniciativas é o sistema que o candidato socialista, Martín Seco, quere implantar no municipio cara a mellorar a seguridade dos nenos nos seus desprazamentos aos centros escolares. Trátase do Pedibús, un servizo a pé no que grupos de alumnos, acompañados por adultos, van camiñando até os seus colexios.

Unha idea que xa demostrou o seu éxito noutros municipios e que redunda tanto na seguridade dos pequenos como na práctica do exercicio a tan temperá idade.

Este proxecto englóbase dentro dun ambicioso plan do PSOE de Arteixo para dotar dunha maior comodidade a aqueles que desexan moverse sen vehículo polo concello. Así, construiranse novas sendas peonís nas parroquias e apostarase polos desprazamentos a pé.

Ese plan de seguridade para os viandantes concibe igualmente, apunta Martín Seco, a mellora dos pasos de peóns e a creación de prazas de aparcadoiro como puntos básicos e prioritarios.

LOCAL

Por último, o candidato socialista lembra que o PSOE ten aberto o seu local na rúa peonil de Arteixo, onde poderán informar os veciños sobre os compromisos adquiridos nesta campaña e atender calquera dúbida ou suxerencia, á vez que anuncia que estarán na feira de mañá co propósito de achegar os seus proxectos aos cidadáns


No hay tags aún.
bottom of page