top of page

Martín Seco solucionará os problemas na contorna do lavadoiro de Canzobre, en Morás


O PSOE de Arteixo lamenta a falla de atención do goberno municipal no parque de Canzobre, na parroquia de Morás.

O portavoz do grupo municipal, Martín Seco, deuncia o estado de abandono no que se atopa este espazo público, sobre todo a zona do lavadoiro, que non ten luz.

Ademáis, o candidato á alcaldía subliña que toda a contorna está sucia e non hai un lugar onde os usuarios poidan cubrirse da choiva. Asi mesmo, Martín Seco critica a presenza dunha árbore molesta que dificulta a entrada de luz e o uso do espazo por parte dos visitantes e residentes.

Nesta liña, o PSOE de Arteixo demanda ao goberno local do señor Calvelo que arranxe esta zona lúdica e lle dea una solución aos veciños da parroquia de Morás.

Por último, Martín Seco subliña o seu compromiso de adecentar esta contorna se o grupo socialista gaña as eleccións do próximo día 24.


No hay tags aún.
bottom of page