top of page

O PSOE creará a policía de barrio e instalará unha comisaría na zona norte do municipio


Os últimos acontecementos ocorridos nalgúns puntos do municipio de Arteixo pon en evidencia a falla de interese que o goberno do PP, presidido por Carlos Calvelo, ten en mellorar a seguridade dos veciños.

Onte mesmo produciuse un roubo nunha furgoneta na Travesía de Arteixo, un máis dos incidentes que veñen sucedendo sen que desde o Concello se ordene á Policía Local vixiar estas zonas dunha maneira máis efectiva para disuadir aos delincuentes.

O candidato socialista, Martín Seco, lamentou a preocupación e o medo que isto está a xerar entre os veciños e os comerciantes, como así o transmitiron eles mesmos, polo que esixe unha actuación urxente por parte da administración local.

Neste sentido, o PSOE comprometeuse ao chegar á alcaldía a pór en marcha unha policía de barrio para que os axentes de Arteixo non se dediquen a regular o tráfico no municipio, competencia que os socialistas apostan por devolverf á Guardia Civil, senón que estean ao servizo do cidadán para preservar a súa seguridade.

Así mesmo, Martín Seco instaurará unha comisaría na zona norte do concello co fin de que os veciños teñan a man un lugar onde denunciar estes sucesos de maneira inmediata.


No hay tags aún.
bottom of page