top of page

Martín Seco denuncia a falla de seguridade viaria e peonil nos barrios da Catuxa, A Pedreira e Figue


O portavoz do grupo municipal socialista de Arteixo, Martín Seco, e membros da súa candidatura, visitaron esta semana os barrios da Catuxa, A Pedreira e Figeroa, onde tiveron a oportunidade de coñecer a situación na que se atopan.

Na súa visita, o candidato á Alcaldía, puxo de manifesto a necesidade de mellorar a mobilidade peonil na contorna e alertou dos problemas que hai nesta zona para todos os veciños da mesma.

Así mesmo, Martín Seco sinalou a urxencia da ampliación da rúa Ponte dos Brozos, e a actuación que se precisa na intersección coa avenida de Figueroa, onde existe una grande inseguridade viaria.

Toda vez que o candidato comprobou insitu as deficiencias destes barrios, mostrou o seu comprosmio de crear unha pequena praza pública con bancos e columpios para os nenos na propiedade recentemente adquirida polo Concello de Arteixo.


No hay tags aún.
bottom of page