top of page

Arranca a campaña de participación cidadá "Deixanos ver polos teus ollos"


O grupo municipal do PSOE de Arteixo ven de iniciar a súa campaña de participación cidadá coa que quere animar aos veciños do concello a achegar a súas inquedanzas aos representantes políticos.

Neste sentido, os socialistas abren o programa “Deixanos ver polos teus ollos”, co que queren darlle voz aos cidadáns. O obxectivo desta iniciativa é poder presentar un programa axeitado ás necesidades dos veciños de cara ás próximas eleccións municipais.

O grupo socialista abre varías vías de comunicación cos cidadáns. Os veciños poden enviar as súas ideas e suxerencias ao enderezo de correo electrónico participa@martinseco.com ou na web www.martinseco.com. Tamén, a través das redes sociais nos perfis de Facebook de Martín Seco García e mesmo no de Twitter, @MartinSeco.

Por úlitmo, os veciños poden dirixir as súas propostas á dirección postal do grupo, na Rúa Ferrol 13, 2º Izquierda, no núcleo de Meicende. O candidato socialista á Alcaldía atenderá as inquedanzas dos veciños de cara a perfilar o programa electoral do grupo.

Os socialistas difundirán o programa “Deixanos ver polos teus ollos” entre a cidadanía co reparto de carteis e panfletos informativos.


No hay tags aún.
bottom of page