top of page

Martín Seco aposta pola introducción do xadrez nos centros educativos e como actividade para maiores

O grupo municipal do PSOE de Arteixo reuniuse recentemente cos membros do clube de xadrez, nun encontro onde tiveron a oportunidade de coñecer en profundidade a actividade que leva a cabo esta agrupación.

Neste sentido, o voceiro socialista, Martín Seño, pon de relieve o importante papel deste clube e aposta pola introducción do xadrez nos centros educativos do munipio.

O candidato á Alcaldía propon ao Concello que o faga mediante a firma de convenios para que ésta poida ser unha materia a desenvolver nos colexios. Na mesa liña, Martín Seco aposta también por que sexa ofertada como actividade para os maiores nos centros cívicos e sociais de Arteixo.

De cara a darlle máis visibilidade a esta importante actividade, os socialistas apioan a creación dun importante torneo de xadrez a nivel municipal.

Así mesmo, Martín Seco retoma a súa proposta para a instalación dunha cuberta no campo da festa, que permitiría ao clube de xadrez desenvolver a súa actividade, así como dar servizo a todos os arteixáns de cara a celebración de actividades, festas ou feiras.


No hay tags aún.
bottom of page