top of page

Os socialistas denuncian o incumprimento do goberno local coa reclasificación dos peóns e limpadoras


O grupo municipal do PSOE de Arteixo denuncia que o goberno local volveu mentir aos traballadores municipais, a quenes lles prometera unha reclasificación “directa” dos seus postos de traballo.

Neste sentido, o voceiro socialista, Martín Seco sinala que aos peóns e limpadoras do Concello se lles promteu reclasificar as súas categorías ata gupos laborais superiores co consecuente aumento dos seus soldos. O goberno local trasladou a estos traballadores e a suba sería automática, baseada na razón de que ningún traballador do Concello tivera un soldo por debaixo dos 1.000 euros.

A sorpresa ven cando no pleno de hoxe o goberno local leva a aprobación o plan de empleo para dita clasificación e sinala que para elo haberá que facer un concurso oposición. Nestes días pasados xa eran moitas as traballadoras que preguntaban polo seu aumento de soldo, sen saber que o goberno lles mintera y agora teñen que pasar por unha oposición para elo.

Na mesma liña Martín Seco lamenta que deposis de catro anos de goberno do señor Calvelo, aínda estéase á espera da valoración de postos de traballo tan prometida e que agora se esqueza de levar a cabo unha funcionarización razoada e pactada coa representación sindical.

No pleno de hoxe, todos os grupos políticos votaron a favor do plan de empleo, aínda que o PSOE lamenta que o señor Calvelo mentise aos traballadores e traballadoras do Concello, que agora ven que teñen que pasar a oposición para ter a prometida suba do soldo


No hay tags aún.
bottom of page