top of page

Martín Seco denuncia que o Concello abandoa ás mulleres usuarias dos cursos de Servizos Sociais no c


O grupo municipal do PSOE de Arteixo presentou unha serie de preguntas escritas dirixidas á concelleira de Servizos Sociais, referentes aos cambios das actividades para maiores no centro social de Barrionovo.


Neste sentido, o voceiro socialista, Martín Seco denuncia que as participantes das actividades de Pastoriza recibiron, por vía telemática, a notificación do concello de que os cursos de Labores, Pintura e Bolillos que ata o de agora tiñan lugar no centro de Barrionovo pasaban ao centro social proximo á escola infantil. As usuarios das actividades, moitas delas mulleres de idade avanzada, non estan dacordo cos cambios, pois, como elas mesmas manifestan, supón un problema para transportar o material de ditas actividades, xa que hai un grande problema de aparcamento nesta zona.


Ademáis, estas mulleres se queixan de que levan moitos anos desenrolando as súas actividades no mesmo lugar e que non existe un motivo aparentemente aceptable para trocarlles o local deste xeito, xusto na mitade do curso.


Ao parecer, o cambio de horario nas clases de Pilates é o motivo polo que as usuarias das actividades de Labores, Pintura e Bolillos teñen que ser desaloxadas do centro social. Martín Seco lamenta, ademáis, que ningún responsable politico do concello falara coas usuarias e lles dea unha explicación dos motivos para facelo.


Tralo cambio, as usuarias levan días concentrándose na porta do centro social sen que responsables do PP se dignen a falar con elas. O candidato socialista á alcaldía denuncia ademáis, que comezan a sonar ruidos de ameaza, facendolles chegar que se non aparecen a dúas clases consecutivas, elimininarán a activdade desta parroquia.


Por todo, Martín Seco vólvese reunir hoxe coas usuarias, ás 18.00 horas, no centro Social de Barrionovo, para volver analizar a súa situación.


No seu labor como voceiro do grupo municipal socialista, Seco rexistrou esta mañá unha batería de preguntas para á concelleira de Servizos Sociais, donde demanda resposatas sobre os motivos para o cambio de lugar das actividades destas usuarias no centro de Barrionovo. Así mesmo, o candidato á alcaldía quere saber se a concelleira é consciente dos problemas de aparcamento da zona e se coñece a dificultade que supón para as usuarias transportar o material pesado para raelizar as actividades. No mesmo sentido, os socialistas preguntan por qué as usuarias de Pilates teñen prioridade sobre as de as actividades de Servizos Sociais que se viñan desenrolando no centro e por qué non é posible compartir o espazo.


No hay tags aún.
bottom of page