top of page

“A unanimidade da asamblea local do PSdeG- PSOE de Arteixo, elixe unha candidatura para os comicios

A asamblea de afiliados do PSdeG-PSOE de Arteixo elixiu por unanimidade a candidatura que presentará aos comicios do mes de Maio, unha candidatura elaborada coa premisa de converter a Arteixo nun concello transparente, dinámico e participativo, que abandone as fórmulas de facer política do século pasado e que aporte solucións aos graves problemas da nosa cidadanía, como son a falla de emprego, de servizos e de cobertura social.

O candidato á Alcaldía de Arteixo mostrábase moi ledo e ilusionado por ter rematado un proceso de renovación na agrupación local que frutifica nunha candidatura que debe ser un referente para o futuro do desenrolo do noso concello.

Os membros da candidatura presentaron a súa declaración de bens e patrimonio, ademais de asinar o seu compromiso ético coa nosa organización e coa sociedade, ademais de comprometerse a traballar para o noso concello de xeito altruísta e co obxectivo de servir á sociedade arteixá e non servirse dela.

postal para portada.jpg

A candidatura está formada por membros representativos de toda a xeografía do noso concello, que coñecen as necesidades dos nosos múltiples núcleos de poboación, por desenrolar a súa actividade diaria no noso territorio, en contraposición por aqueles que só aparecen como concelleiros no noso territorio e despois dormen, mercan e desenrolan os seus momentos de ocio vital noutros concellos da área metropolitana.

A candidatura continuará nestas datas co desenrolo dun programa electoral feito por e para as persoas deste concello, que poña en primeira liña as solucións aos problemas máis importantes que ten a veciñanza, solucións para problemas comúns e non só para uns poucos, para elo continuamos con reunións cos diferentes colectivos do noso territorio.


No hay tags aún.
bottom of page