top of page

“A necesidade de descentralizar servizos cara as parroquias e dotar ao norte do concello dunha sede

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Arteixo, Martín Seco, mantivo unha reunión coa Asociación de Veciños San Xosé Obreiro de Meicende, para analizar a situación desta parroquia e escoitar as necesidades da veciñanza que vive nela, ademais de explicar os eixes do proxecto que está a desenrolar o Partido Socialista cara as eleccións do mes de Maio.

Nunha lexislatura onde se finalizou un proxecto importante para Meicende e comezado en anteriores lexislaturas, como é o Centro Cívico e con moitas promesas pero poucas realidades para este núcleo de poboación, dende o Partido Socialista, cremos que é o momento de dotar as parroquias dos servizos e o contido necesario para elas, como unha sede administrativa fixa que permita que a veciñanza non teña que desprazarse ao concello de Arteixo ou unha comisaria de Policía Local que estableza unha patrulla fixa nesta zona do concello.

Ademais cremos necesario dotar de contido ao Centro Cívico que como infraestrutura baleira e sen contido non vale para nada. Cremos prioritario continuar cun Plan de rexeneración das Eiras, que este goberno meteu nun caixón e a apertura de rúas como a de Ferrol ou Debesos ademais de construír novas prazas e parques públicos, pero para elo necesitamos dun goberno que aborde a aprobación dun plan Xeral pensado para os intereses dos veciños e non só duns cantos intereses urbanísticos particulares.

meicende1.jpg

A posta en marcha dunha verdadeira política ambiental dende un departamento que actualmente non conta con dirección política nunha parroquia que necesita dela para convivir cunha industria moi contaminante e a construción de sendas verdes para o confort da veciñanza son tamén cuestións a abordar.

Sen dúbida unha das cuestións esenciais tanto para a Asociación Veciñal como para o Partido Socialista en Arteixo é a reestruturación do Departamento de Emprego e Formación para que realmente se utilicen os recursos públicos para que os nosos cidadáns se formen e atopen traballo nas empresas do noso entorno e que aparezan novas pequenas empresas ben asesoradas nas materias que poden ser axeitadas no noso entorno.

Por derradeiro lugar, resulta completamente decepcionante ver como o alcalde se sinte satisfeito coa posible consecución de dúas paradas do bus urbano de A Coruña en Meicende e que non poñan en marcha un verdadeiro Plan de Transporte Metropolitano cunhas axeitadas liñas de bus dende A Coruña ata o Polígono de Sabón e dende o Sur de Arteixo ata A Coruña, que doten deste servizo a tódolos habitantes de Meicende, Pastoriza, Oseiro,…


No hay tags aún.
bottom of page