top of page

“Barrañán necesita dun novo goberno que faga unha política axeitada no fomento da actividade turísti

No día de onte, o candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Arteixo, Martín Seco García, reuniuse coa Asociación de Veciños Pedra da Salsa de Barrañán, nunha distendida reunión, onde os compañeiros do Partido Socialista tomaron nota dos problemas dunha parroquia que necesita dun goberno que planifique un ambicioso futuro no seu proxecto.

Nunha parroquia de ampla tradición turística, fai falla un novo goberno que desenrole con premura o Plan Xeral de Ordenación Municipal e que este dote da infraestrutura necesaria a este espazo turístico, para que dita actividade, sexa un verdadeiro motor económico para os veciños do noso concello e que troque os plans de desenrolo turístico para facer máis dinámica unha zona que ten moitas posibilidades.

Ademais dende o Partido Socialista esiximos que se amañe con urxencia a estrada da Esfarrapa ao Igrexario, que se rematen as obras de saneamento que no seu día apoiamos nos diferentes POSe que se inspeccionen para que realmente aporten a solución necesaria para que non sigan existindo pozos como o do Igrexario que día si día tamén están botando por fora, ademais de rematar as beirarrúas dende o litoral marítimo ata a parroquia de Lañas emellorar a iluminación en certas zonas moi deficiente.

Fai falla tamén que un novo goberno pense como dotar a esta parroquia de mellores servizos para os seus nenos e maiores cunha maior oferta de infraestrutura para eles e con mellor dotación de actividade na escola pública e nesta materia os socialistas nos comprometemos a poñer o noso proxecto, baseado nas persoas e o seu desenrolo e non tanto no formigón.


No hay tags aún.
bottom of page