top of page

“Oseiro necesita dun goberno que aposte polo seu territorio e a calidade de vida das súas xentes”

O candidato do PSdeG-PSOE de Arteixo á Alcaldía de Arteixo, Martín Seco, e os seus compañeiros de partido reuníronse coa Asociación de Veciños Manuel Murguía de Oseiro, para analizar as inquietudes e necesidades desta parroquia, ademais de dar a coñecer as bases do programa electoral que están a elaborar e para o que queren contar coa colaboración da cidadanía.

“Despois de catro anos dun goberno opaco e que pon trabas a participación dos veciños na toma de decisión, dende o Partido Socialista queremos apostar por poñer en funcionamento unha nova forma de traballar no que primen a transparencia e a participación directa da veciñanza, esa é unha das grandes apostas da candidatura que presentará o noso partido no mes de Maio”.

Nese senso os membros da directiva da AAVV Manuel Murguía trasladaron os múltiples problemas da parroquia onde viven, o abandono de Oseiro Aldea, completamente esquecida nestes catro anos, a falla de inversión no barrio de Solymar, que ata o de agora coas obras do saneamento e beirarrúas estivo completamente esquecido e a falla de proxecto de futuro para o núcleo de Vilarodís, que está en decadencia comercial e con evidente problemas de infraestruturas e servizos foron temas dos que somos coñecedores no PSdeG-PSOE.

“Carlos Calvelo pegoulle unha patada cara adiante ao problema do traslado das liñas de alta tensión de Solymar, prometendo algo que despois deixou durmir nunha caixa”, mentres os veciños seguen a esperar por unha solución que dende o concello se lles comunicou rápida e que agora tratan de agachar nun caixón”.

Ademais dos problemas e infraestruturas e servizos, dende o Partido Socialista estamos moi preocupados polos problemas de emprego e falla de cobertura social dos nosos veciños, moitos deles veciños da parroquia de Oseiro e que no seu día denunciou Cáritas de esta parroquia. Dende o PSdeG-PSOE cremos que dende o concello se deberían de poñer tódolos mecanismos posibles para paliar a lacra do alto nivel de desemprego e para facer, que ningunha familia deste concello, pasase fame ou frío nun concello que goza de superávit económico, isto é algo indiscutible para o candidato socialista que se compromete a activar o departamento de servizos sociais de xeito que este sexa a principal obxectivo do seu goberno se sae elixido goberno no mes de Maio.


No hay tags aún.
bottom of page