top of page

“Os veciños de Suevos levan soportando dende o xoves, continuas caídas da luz, algunha de máis de 4

Os veciños de Suevos están cansos de ter que soportar as continuas caídas da luz no seu núcleo, que incluso chegan a ser de horas. Este derradeiro fin de semana tiveron que soportar como se quedaban sen enerxía eléctrica en múltiples ocasións, chegando a ter que soportar unha caída de 4 horas e media a noite do venres.


Mentres se producen estas continuas caídas de tensión, os veciños desta parroquia, observan como nos núcleos veciños de Rañobre e Pastoriza, a luz non se vai con tanta facilidade, aínda que a liña de subministro é a mesma.


Son moitas as chamadas e queixas, que os veciños fan no concello e a empresa encargada do subministro eléctrico, sen que ninguén poña solución a este grave problema. Dende o Grupo Municipal Socialista pensamos que o goberno do noso concello, debe tomar cartas no asunto para solucionar un grave problema que ata se produce no verán cando o vento e a chuvia non están presentes.


“Non podemos permitir que dende o concello se fagan obras innecesarias e se proxecten novas infraestruturas, mentres teñen aos veciños de Suevos sen un servizo básico como é un subministro de luz axeitado”


Ademais é lamentable ver o estado das instalacións eléctricas neste núcleo, en estado ruinoso e con postes da luz en situación dunha inestabilidade preocupante.


No hay tags aún.
bottom of page