top of page

“A parroquia de Chamín esquecida e sen inversión para o goberno de Calvelo, necesita dun novo gobern

O candidato do PSdeG-PSOE de Arteixo á Alcadía de Arteixo, Martín Seco e os seus compañeiros de partido reuníronse coa Asociación Cultural Deportiva Santa Eulalia de Chamín, para analizar a situación da parroquia e as necesidades que viven nesta parroquia do noso concello, e poder despois articular as medidas que sexan necesarias dende un novo goberno do concello de Arteixo.

Son múltiples os problemas que ten a poboación desta parroquia do noso concello, que leva unha lexislatura observando como o goberno local do señor Calvelo esquece a esta parroquia sen facer absolutamente nada por esta parroquia e os seus veciños, sen tan sequera cumprir os compromisos iniciados polo anterior goberno municipal.

En Maio do 2011, o goberno anterior deixou alugada unha parcela fronte a escola da Lagoa, xusto no límite entre Chamín e Sorrizo, co fin de acondicionala como campo de fútbol para dita asociación e resto dos veciños destas parroquias, un aluguer de só 100 euros ao mes, e xa existían documentos técnicos sobre as instalacións a realizar, quedando só o remate do procedemento para que dita asociación puidese ter o seu desexado campo de fútbol, pero o goberno local tirou ao lixo o aluguer destes catro anos que pagou sen poñer en marcha ningunha alternativa, para aqueles que contaban con esta instalación. Problemas como a falla de un lugar de encontro para os veciños onde poder realizar actividades e dar servizos, a falla de parques infantís e o estado lamentable e perigoso do único existente, que foi denunciado ata en dúas ocasións polo noso grupo, os problemas de seguridade vial nas súas vías, e a problemática do transporte público que ten aos veciños de Santaia sen unha parada a unha distancia mínima esixible, feito que foi denunciado en multitude ocasións polos veciños durante esta lexislatura, foron temas que se trataron nesta cordial reunión.

O candidato á Alcaldía de Arteixo, Martín Seco, púxose a disposición dos veciños desta parroquia e en particular da A.C.D.Santa Eulalia de Chamín para rematar o comezado polo anterior goberno socialista e a dotar a Chamín dos servizos que merecen os seus cidadáns ao igual que o resto das parroquias do noso concello se ten o respaldo dos veciños nas eleccións de Maio.


No hay tags aún.
bottom of page