top of page

“O Goberno Local debería de escoitar e solucionar os graves problemas dos veciños de Laradas nas ob


Hoxe os membros do Partido Socialista en Arteixo visitamos por terceira vez o barrio de Laradas e as obras que se están realizando, en primeiro lugar queremos valorar como positivo o investimento realizado nun barrio como o de Laradas en Vilarodís, con evidentes carencias no momento da súa construción, pero sería desexable que o grupo de goberno trocase e solucionase certas actuacións que levou e está a levar a cabo en dito barrio.

En primeiro lugar debería de ter pensado con anterioridade a obra, como compensar o grave problema de aparcamento que ten este barrio e que se multiplica coa eliminación de moitas prazas coa remodelación das rúas, o concello debe facer un esforzo por levar a cabo o establecemento de novas zonas de aparcamento na zona, que eviten os problemas dos veciños e dos múltiples negocios comercias e hostaleiros que poden comezar a ter serios problemas por esta cuestión.

En segundo lugar, debería de esixirlle a empresa construtora e colocación dunha rampa na parte de arriba do barrio para facilitar o paso de cadeiras de rodas e carritos nesta zona, onde vive algún minusválido e que é unha zona de transito de moitos veciños de Oseiro que baixan pola rúa que comunica os barrios.

En terceiro lugar, faise inaprazable poñerlle solucións aos continuos problemas de seguridade e rotura de cristais que teñen lugar na vivenda sita fronte ao novo campo multideporte, polo impacto dos balóns de fútbol sala.

Pero o máis importante é intentar consensuar e informar aos veciños dos proxectos e das obras, para que estas situacións non tiveran que ser denunciadas por parte da oposición e cónstanos por parte dos veciños que esta información non existiu.


No hay tags aún.
bottom of page