top of page

“O goberno local de Arteixo, debe publicar urxentemente na súa web o ESTUDIO INFORMATIVO PROLONGACIO

Unha vez máis o goberno do noso concello volta a estar lento de reflexos e non publica na web o ESTUDIO INFORMATIVO PROLONGACION DO ACCESO AO PORTO EXTERIOR, o curioso é que non é a primeira vez que sucede e pode parecer que non semella que a xente poida coñecer e alegar contra un estudio que pode volver a interferir no noso territorio. Dende o noso grupo solicitamos que se publique urxentemente na web do concello e se proceda a informar aos veciños afectados por este estudio, como se fixo co do acceso ferroviario ao Porto de Punta Langosteira, e non se faga no derradeiro minuto como naquela ocasión.

Por outra banda, despois de visualizar o estudio por encima, dende o noso grupo queremos propor ao goberno local que estude a posibilidade de facer alegacións apoiando a ALTERNATIVA 0, consistente en poñer a peaxe da AG-55 en sombra e non realizando ningún novo tipo de infraestrutura, a opción máis valorada nos aspectos económicos e medioambientais e que sería moi proveitosa para un concello como o noso, especialmente danado polas infraestruturas que trae consigo o porto exterior e que podería ser de gran axuda para facilitar o arranxo do grave problema de tráfico que afecta ao noso concello derivado de dita peaxe, ademais de ser a solución máis lóxica en tempos de crise cunha infraestrutura que dende o noso grupo consideramos completamente innecesaria nos tempos que corren e deberían de utilizar o presuposto restante en levar a cabo as medidas necesarias para asegurar a chegada do ferrocarril nas mellores condicións para os núcleos afectados, como na instalación de barreiras sonoras na parroquia de Morás ou en facer un verdadeiro proxecto de transporte metropolitano para a comarca coruñesa que estes días está tan en discusión co tema do bus en Meicende, tan necesario para a nosa cidadanía.

4 ronda.jpg


No hay tags aún.
bottom of page